Reservas Vivas

  • «Por territorios vivos, para un futuro sostible.»

ACTIVIDADES

ACORDOS DE CUSTODIA

PROXECTOS ACTIVOS

      Entre 2020 e 2021 desenvolvimos o proxecto RESERVAS VIVAS co que tratamos de fomentar a custodia do territorio nas reservas da biosfera Terras do Miño, Oscos-Eo e Terras de Burón, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Ancares Leoneses. É dicir, de fomentar a participación social na conservación dos valores naturais das catro reservas da biosfera nas que se desenvolve, usando como ferramenta a custodia do territorio.

O proxecto contou co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad.

En Reservas Vivas marcámonos como obxectivos:

1. Mellorar o coñecemento da custodia do territorio como ferramenta participativa de xestión sostible entre os diferentes actores sociais das Reservas da Biosfera.

2.Desenvolver e dar a coñecer experiencias exemplares de custodia do territorio nas reservas da biosfera.

3. Explorar alianzas con diferentes actores sociais de relevancia no territorio.

4.Fortalecer o terceiro sector ambiental nas reservas da biosfera.

5.Explorar ferramentas de mobilidade de terras a escala local que permitan o mantemento e a recuperación de terras agrícolas de interese ambiental.

En Reservas Vivas, que comezou o 1 de marzo de 2020 tivemos que pelexar desde o principio coas dificultades xeradas pola pandemia do Covid19, adaptando e reformulando as actividades previstas para poder acadar os obxectivos desexados en condicións ben adversas.

O resultado final é máis que satisfactorio: cinco novos acordos de custodia nas catro reservas da biosfera, cos que queremos contribuir á conservación de bosques e prados seminaturais de montaña, unha paisaxe agraria de alto valor natural, ademais de ofrecer o noso apoio a persoas que loitan a diario por desenvolver a súa actividade económica dun xeito respectuoso co medio natural.

Ademáis, Reservas Vivas permitíunos coñecer mellor o tecido social destas reservas da biosfera e prospectar espazos nos que desenvolver novas iniciativas de custodia. Agardamos que pronto podamos comunicar novos acordos nos que estamos a traballar.

Tivemos que adaptarnos á comunicación online, facendo por este medio desde xuntanzas de traballo, a contactos con propietarios e charlas e xornadas sobre a custodia e as reservas da biosfera.

Agora que rematou, pensamos que Reservas Vivas contribuíu a difundir o valor da particiapción, a colaboración e o traballo común na conservación dos valores naturais dos nosos territorios.

 

Que é a Asociación Galega de Custodia do Territorio?

A Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola conservación da natureza e a biodiversidade en Galicia, a través da custodia do territorio: unha ferramenta de participación activa que implica a propietarios, comunidades locais e administracións na defensa e coidado do patrimonio natural.

Dende o ano 2008 desenvolvemos proxectos de conservación e restauración en colaboración coas persoas que viven e traballan no medio rural, fomentando unha xestión sostible da terra, a recuperación de hábitats e a posta en valor da paisaxe, do solo e da cultura do territorio.

A nosa sede atópase na Casa das Insuas, en Rábade (Lugo), un espazo de referencia para a educación ambiental, a investigación e a implicación cidadá na defensa do noso medio.

Casa das Insuas

A Casa das Insuas, ubicada en Rábade a carón do río Miño, é un centro de conservación e estudo da natureza que actúa como punto de encontro para quen desexe coñecer, valorar e protexer o medio natural.

Este espazo, xestionado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, promove iniciativas de agroecoloxía, soberanía alimentaria e actividades baseadas no uso sustentable da natureza, unindo tradición e innovación.

4 + 10 =

Próximas actividades

Visita á microrreserva de Hórreos

Visita á microrreserva de Hórreos

VII BIOBLITZ DO COUREL

VII BIOBLITZ DO COUREL

Bioblitz nas Insuas do Miño

Bioblitz nas Insuas do Miño

Obradoiro de revoco con barro

Obradoiro de revoco con barro

Curso Horta Ecolóxica

Curso Horta Ecolóxica

Obradoiro de cestería catalá con Pau Trepat

Obradoiro de cestería catalá con Pau Trepat

Roteiro de mamíferos no Monte de Toca

Roteiro de mamíferos no Monte de Toca

Presentación do libro

Presentación do libro

Obradoiro de xabón-esponxa con feltro artesá

Obradoiro de xabón-esponxa con feltro artesá

Curso de Cestería con cortiza de vimbio

Curso de Cestería con cortiza de vimbio

Saída aves invernantes

Saída aves invernantes

Voluntariado poda Xardín das froiteiras

Voluntariado poda Xardín das froiteiras

Insuascola de Nadal

Insuascola de Nadal

Visita e voluntariado Traloagro

Visita e voluntariado Traloagro

Visita e voluntariado Casa Codesal

Visita e voluntariado Casa Codesal

Visita e voluntariado Bértolos & Serranos

Visita e voluntariado Bértolos & Serranos

Visita e voluntariado no MVMC de Carballo (Friol)

Visita e voluntariado no MVMC de Carballo (Friol)

III Bioblitz en Piornedo

III Bioblitz en Piornedo

Visita e voluntariado gandaría Josmar

Visita e voluntariado gandaría Josmar

Roteiro paisaxístico Monte de Toca

Roteiro paisaxístico Monte de Toca

O souto, centro de Vida. Probando as castañas.

O souto, centro de Vida. Probando as castañas.

Polavila en Piornedo. Contos ao redor do lume.

Polavila en Piornedo. Contos ao redor do lume.

Roteiro de Micoloxía – Monte de Toca

Roteiro de Micoloxía – Monte de Toca

Xeoloxía, outra forma de entender o que somos

Xeoloxía, outra forma de entender o que somos

O Pan. Da terra ao teito.

O Pan. Da terra ao teito.

Obradoiro de apicultura sostible

Obradoiro de apicultura sostible

O Mel. Modelador dunha paisaxe

O Mel. Modelador dunha paisaxe

Soñamos cunha Galicia onde natureza e sociedade camiñen xuntas

Desde a súa fundación en 2008, a AGCT traballa para complementar os esforzos das administracións públicas, chegando a espazos non protexidos e involucrando a comunidades enteiras na conservación.

A través de proxectos como a Casa das Insuas, achegamos ferramentas e coñecemento para que máis persoas e entidades se sumen a esta causa, inspirando accións que preserven a riqueza natural e cultural de Galicia.

Roberto j. Hermida

Presidente AGCT

Coidemos o que é noso, unímoste a custodia do territorio?