Información sobre a actividade
Comeza o prazo de inscrición para o curso de horta agroecolóxica, pensado para aquelas persoas que desexan comezar ou mellorar a súa experiencia no cultivo ecolóxico, mesmo partindo de cero. Un ano máis contamos coa colaboración de Amanda López, da Asociación Agroecolóxica A Estruga.
O curso desenvolverase entre maio e xuño en 6 sesións consecutivas, os sábados pola mañá, de 10:00 a 13:00 con contidos teóricos e prácticos adaptados a todos os niveis.
No caso de facer «mal tempo» adaptaremos as sesións, puidendo suspender a actividade un sábado e alongar o curso algo máis aló do 13 de xuño para compensala.
Cada sesión inclúe prácticas no Prado da Ponte, onde crearemos dende cero os bancais nos que desenvolveremos todo o curso.
Prezo:
15€ por sesión
10€ por sesión para persoas socias da AGCT e/ou empadroadas en Rábade
Prazas limitadas! É necesaria a inscrición previa no formulario: https://forms.gle/
Para máis información, podes contactar no mesmo correo ou no teléfono 628 84 28 35
Agardamos contar contigo para aprender, compartir e gozar do espazo agroecolóxico que creamos xuntas no Prado da Ponte.
Un saúdo,
Eva L Quiroga
—