Data
13/12/2025
Hora
11:30 h. – 16:00 h. aprox
Lugar
Friol
Información sobre a actividade
Continuamos coas xornadas abertas de visita e voluntariado con produtores e produtoras da Rede de Custodia Agraria!
📅 Sábado, 13 de decembro –📍 Bértolos & Serranos
Durante a xornada poderemos coñecer de preto o traballo da granxa familiar Bértolos & Serranos, especialmente o seu manexo sostible e respectuoso co territorio.
🌿 Ademais, realizaremos unha acción de voluntariado que consistirá na colocación dun cartel divulgativo sobre o papel que xogan na custodia agraria.
🍯 Para rematar, celebrarase unha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un bo momento para compartir experiencias e coñecer proxectos de produción sostible do territorio.
💚 Actividade aberta e gratuíta grazas ao apoio da Deputación de Lugo. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para traballo no campo.