Lumes, desenvolvemento rural e conservación da natureza

Data

Sábado 28 de novembro

Hora

10:00 h.  –   14:15 h.  aprox

Lugar

Samos

 

 

Información sobre a actividade

Queremos convidarvos ao seminario que estamos a organizar no marco das actividades que a AGCT está a desenvolver no Monte de Toca (Samos), froito do convenio asinado coa Cruz Vermella para dar a coñecer este monte de gran valor natural. Este encontro pretende abrir un espazo de reflexión e diálogo arredor dos efectos do lume sobre os territorios de alto valor natural, así como sobre os retos e oportunidades que afronta o medio rural nun contexto de cambio global.

Ao longo da xornada abordaranse as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos incendios forestais, prestando especial atención á necesidade de impulsar modelos de xestión territorial máis resilientes, capaces de compatibilizar a conservación da biodiversidade co desenvolvemento sostible das comunidades rurais.

O encontro poñerá o foco na poboación local e na importancia de promover estratexias de prevención e ordenación do territorio baseadas na multifuncionalidade da paisaxe, no mantemento e recuperación de usos tradicionais e no fortalecemento das actividades económicas vencelladas á conservación da natureza e á produción primaria sostible.

Entre outros aspectos, analizaranse:

• O impacto do lume nos ecosistemas e nos espazos naturais de alto valor ecolóxico.

• O territorio actual: o abandono da actividade agraria e a transformación da paisaxe rural nas últimas décadas como factor determinante.

• A importancia da gandería extensiva e doutras prácticas tradicionais sostibles na conservación da biodiversidade, no mantemento de hábitats en mosaico e na redución do risco de grandes incendios.

• As oportunidades de desenvolvemento rural vinculadas á conservación da natureza, á valorización dos recursos locais e ao impulso de modelos produtivos sostibles compatibles coa preservación do territorio.

O seminario está dirixido fundamentalmente aos habitantes deste territorio de alto valor ambiental, pero tamén a persoas vinculadas á xestión ambiental e forestal, ao sector primario, á investigación, ás administracións públicas e á cidadanía interesada no futuro do medio rural e da conservación do patrimonio natural.

LOCALIZACIÓN
Antiga Biblioteca de Samos
Rúa da Torre, 7, 27620 Samos, Lugo

PROGRAMA

10:00 h | Recepción das persoas participantes e apertura do seminario.

10:15 h | Comprometidos co Monte de Toca: participación social e conservación do territorio.
Cruz Vermella e AGCT

10:30 h | Cambios no territorio desde mediados do século XX: transformación da paisaxe rural e novas dinámicas socioambientais.
Alba Geada (USC) e Mar Pérez Fra (USC)

11:30 h | Novos mecanismos de valorización da natureza en montes de alto valor ambiental.
Boris Hinojo (3edata)

12:15 h | Pausa café

12:45 h | Mesa redonda — Xente a favor do territorio e fronte aos lumes: experiencias locais en primeira persoa

 

É necesario realizar a inscrición neste formulario: