Visita e voluntariado en Casa Codesal

Data

14/12/2025

Hora

11:30 h.  –   16:00 h.  aprox

Lugar

Casa Codesal (Friol)

 

 

Información sobre a actividade

Continuamos coas xornadas abertas de visita e voluntariado con produtores e produtoras da Rede de Custodia Agraria!

📅 Sábado, 14 de decembro –📍 Casa Codesal

Durante a xornada poderemos coñecer de preto o traballo da granxa familiar Casa Codesal, produtores de leite en ecolóxico e pastoreo.

🌿 Ademais, realizaremos unha acción de voluntariado.

🍯 Para rematar, celebrarase unha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un bo momento para compartir experiencias e coñecer proxectos de produción sostible do territorio.

💚 Actividade aberta e gratuíta grazas ao apoio da Deputación de Lugo. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para traballo no campo.