Insuascola de Nadal!

Data

29, 30 e 31 de decembro

Hora

10:00 h.  –   14:00 h. 

Lugar

Casa das Insuas

 

 

Información sobre a actividade

 

Os insuaescoleres non podíamos rematar o ano sen unha nova tandada de aventuras na natureza! Por iso convocamos unha nova quenda da Insuaescola de Nadal os días 29, 30 e 31 de decembro en horario de 10 a 14h. O rango de idade é de 6 a 12 anos.

É necesario que os peques traian roupa e calzado cómodos e de inverno. Moitas das actividades serán dentro da Casa das Insuas, pero no caso de que non chova, faremos paseos e xogos na natureza. Importante traer botas e  roupa de muda, pois queremos garantir que non paseo frío pero que tamén podamos desfrutar na contorna.

A media mañá faremos unha pequena pausa para merendar, as nenas/os traerán a súa propia comida e importante que traian CANTIMPLORA CON AUGA. 

Calquera dúbida ou consulta atenderemosvos en casadasinsuas@gmail.com.

Para a inscripción teredes que cubrir o seguinte formulario de inscrición: