Insuascola de verán 2026

Información sobre a actividade

A Insuaescola de Verán do 2026 está aquí!! En pleno paraíso natural xeraremos un espazo de coñecemento e formación sobre a natureza que nos rodea, realizando moitas actividades medioambientais e ó aire libre. Do 27 ó 31 de xullo, de 10:00 a 14:00.

A temática deste verán será continuar coa horta, coidando os nosos tomates de pragas e recolleitando todo o que se poida. Tamén teremos xogos e moita natureza!! Actividade para nen@s de 6 a 13 anos. Prazas limitadas.

Animádevos a compartir con nós esta experiencia pensada para todos os públicos. 

Inscricións na ligazón: https://forms.gle/EdSWZDSaaVGeBsGr5 

Máis información en: casadasinsuas@gmail.com . 

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.