Data
21/12/2025
Hora
11:30 h. – 16:00 h. aprox
Lugar
Traloagro (Friol)
Información sobre a actividade
Domingo, 21 de decembro – Traloagro
Durante a xornada poderemos coñecer de preto o traballo da granxa familiar Traloagro (Friol) dedicada á produción ecolóxica de carne de terneira e de polo, con especial foco no benestar animal e a sostibilidade. Xestionan todo o proceso, desde a cría en pastoreo até a elaboración no seu propio biocentro cárnico.
Ademais, realizaremos unha acción de voluntariado que consistirá na colocación dun cartel divulgativo sobre o papel que xogan na custodia agraria.
Para rematar, celebrarase unha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un bo momento para compartir experiencias e coñecer proxectos de produción sostible do territorio.
Actividade aberta e gratuíta grazas ao apoio da Deputación de Lugo. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para traballo no campo.
Reserva a túa praza :