Roteiro sobre a paisaxe - Monte de Toca

Data

23/11/2025

Hora

10:15 h.  –   14:30 h.  aprox

Lugar

Monte de Toca (Samos)

 

 

Información sobre a actividade

O monte de Toca segue a ser protagonista neste ciclo de actividades organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), en colaboración coa Cruz Vermella e a CMVMC de Toca.

Nesta segunda actividade, que terá lugar o domingo 23 de novembro, achegarémonos á paisaxe do monte para coñecer a súa evolución e biodiversidade. As zonas de pastos combínanse con carballeiras e bosques de frondosas, xunto con áreas nas que dominan as uces e as xestas. O río do Castelo, que atravesa o monte, e a súa vexetación asociada completan este mosaico natural que dá personalidade ao territorio.

Da man de Marcos Reinoso, aprenderemos a recoñecer os distintos hábitats e comprender os procesos naturais e humanos que modelan este espazo.

🗓 Data: domingo 23 de novembro
🕥 Horario: de 10:15 a 14:30 h

Esta xornada enmárcase no acordo a tres bandas asinado en 2022 entre a AGCT, a Comunidade de Montes de Toca e a Cruz Vermella, co obxectivo de restaurar e conservar áreas afectadas polos incendios. Como parte deste compromiso, desenvolveranse un total de sete actividades de posta en valor deste espazo, sendo esta saída sobre a paisaxe a segunda delas.

🌿 Participa e descobre connosco a evolución e riqueza paisaxística do Monte de Toca!
👉 Inscricións no formulario: