Data
12 de abril
Hora
10:00 h. – 14:00 h.
Lugar
Casa das Insuas
Información sobre a actividade
Aprenderemos a crear xabóns artesanais cubertos e decorados con lá de ovellas galegas, lavada, cardada, tinguida e feltrada a man. Unha oportunidade perfecta para conectar co artesanato tradicional e gozar dun espazo creativo e relaxado.
Podes reservar a túa praza neste formulario: https://forms.gle/
Para máis información: casadasinsuas@gmail.com
Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.