VII BIOBLITZ COUREL
6 e 7 de xuño de 2026
Descrición: Un Bioblitz é unha prospección intensiva da biodiversidade nunha área determinada na que participan naturalistas asesorados por expertos en distintas disciplinas. Ademais, este tipo de actividade, aberta a todo o público, busca implicar á cidadanía no coñecemento e protección da biodiversidade.
O VII Bioblitz do Courel (ano 2026) está enmarcado dentro do Proxecto Saberes do Monte, financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio Para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) a través da cofinanciación do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O VII Bioblitz complementará as anteriores edicións e levará a cabo os días 6 e 7 de xuño un inventario biolóxico co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en distintos espacios representativos deste territorio de altos valores naturais.
No Bioblitz participarán activamente expertos da Sociedade Micolóxica Lucus, o Grupo Naturalista Hábitat e de SOCEME ( Sociedad para la conservación y estudio de las mariposas en España).
Para o correcto desenvolvemento das xornadas contaremos coa colaboración da Estación Científica de Seoane, que cederá as súas intalacións e na que se desenvolverá a parte teórica do Bioblitz.
Inscricións: na web de Custodia do Territorio. Ata o 4 de xuño, inclusive. Indicar: nome, apelidos, DNI e, de existir, especialidade de estudo ou interés. As organizacións e asociacións poden realizar inscrición conxunta.
Prazas limitadas, por orde de inscrición neste formulario.
PROGRAMA
Data: 6-7 de xuño.
Horario: 12:00h (día 6)- 14:15h. (día 7)
Lugar: Seoane do Courel
PROGRAMA:
-
Sábado, 6 de xuño:
-
12:00h.: Recepción dos asistentes, inauguración e presentación na Estación Científica de Seoane (ECS).
-
12:30h.: Inicio actividade. Saída polos arredores da ECS.
-
15:30h.: Inicio actividade de tarde. Saídas de prospección da biodiversidade por áreas de montes de alto valor natural.
-
19:30h.: Revisión de observacións e resolución de dúbidas.
-
20:30h.: Tempo libre e cea.
-
22:00h.: Actividade de observación nocturna.
-
Domingo, 7 de xuño:
-
10:00h.: Recepción na ECS e inicio da actividade de campo
-
13:30h.: Regreso de grupos. Revisión e resolución de posibles dúbidas.
-
14:15h.: Fin