Reservas Vivas

  • «Por territorios vivos, para un futuro sostible.»

ACTIVIDADES

ACORDOS DE CUSTODIA

PROXECTOS ACTIVOS

      Entre 2020 e 2021 desenvolvimos o proxecto RESERVAS VIVAS co que tratamos de fomentar a custodia do territorio nas reservas da biosfera Terras do Miño, Oscos-Eo e Terras de Burón, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Ancares Leoneses. É dicir, de fomentar a participación social na conservación dos valores naturais das catro reservas da biosfera nas que se desenvolve, usando como ferramenta a custodia do territorio.

O proxecto contou co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad.

En Reservas Vivas marcámonos como obxectivos:

1. Mellorar o coñecemento da custodia do territorio como ferramenta participativa de xestión sostible entre os diferentes actores sociais das Reservas da Biosfera.

2.Desenvolver e dar a coñecer experiencias exemplares de custodia do territorio nas reservas da biosfera.

3. Explorar alianzas con diferentes actores sociais de relevancia no territorio.

4.Fortalecer o terceiro sector ambiental nas reservas da biosfera.

5.Explorar ferramentas de mobilidade de terras a escala local que permitan o mantemento e a recuperación de terras agrícolas de interese ambiental.

En Reservas Vivas, que comezou o 1 de marzo de 2020 tivemos que pelexar desde o principio coas dificultades xeradas pola pandemia do Covid19, adaptando e reformulando as actividades previstas para poder acadar os obxectivos desexados en condicións ben adversas.

O resultado final é máis que satisfactorio: cinco novos acordos de custodia nas catro reservas da biosfera, cos que queremos contribuir á conservación de bosques e prados seminaturais de montaña, unha paisaxe agraria de alto valor natural, ademais de ofrecer o noso apoio a persoas que loitan a diario por desenvolver a súa actividade económica dun xeito respectuoso co medio natural.

Ademáis, Reservas Vivas permitíunos coñecer mellor o tecido social destas reservas da biosfera e prospectar espazos nos que desenvolver novas iniciativas de custodia. Agardamos que pronto podamos comunicar novos acordos nos que estamos a traballar.

Tivemos que adaptarnos á comunicación online, facendo por este medio desde xuntanzas de traballo, a contactos con propietarios e charlas e xornadas sobre a custodia e as reservas da biosfera.

Agora que rematou, pensamos que Reservas Vivas contribuíu a difundir o valor da particiapción, a colaboración e o traballo común na conservación dos valores naturais dos nosos territorios.

 

Que é a Asociación Galega de Custodia do Territorio?

A Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola conservación da natureza e a biodiversidade en Galicia, a través da custodia do territorio: unha ferramenta de participación activa que implica a propietarios, comunidades locais e administracións na defensa e coidado do patrimonio natural.

Dende o ano 2008 desenvolvemos proxectos de conservación e restauración en colaboración coas persoas que viven e traballan no medio rural, fomentando unha xestión sostible da terra, a recuperación de hábitats e a posta en valor da paisaxe, do solo e da cultura do territorio.

A nosa sede atópase na Casa das Insuas, en Rábade (Lugo), un espazo de referencia para a educación ambiental, a investigación e a implicación cidadá na defensa do noso medio.

Casa das Insuas

A Casa das Insuas, ubicada en Rábade a carón do río Miño, é un centro de conservación e estudo da natureza que actúa como punto de encontro para quen desexe coñecer, valorar e protexer o medio natural.

Este espazo, xestionado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, promove iniciativas de agroecoloxía, soberanía alimentaria e actividades baseadas no uso sustentable da natureza, unindo tradición e innovación.

1 + 15 =

Soñamos cunha Galicia onde natureza e sociedade camiñen xuntas

Desde a súa fundación en 2008, a AGCT traballa para complementar os esforzos das administracións públicas, chegando a espazos non protexidos e involucrando a comunidades enteiras na conservación.

A través de proxectos como a Casa das Insuas, achegamos ferramentas e coñecemento para que máis persoas e entidades se sumen a esta causa, inspirando accións que preserven a riqueza natural e cultural de Galicia.

Roberto j. Hermida

Presidente AGCT

Coidemos o que é noso, unímoste a custodia do territorio?

 

Casa das insuas

Faite Socio

Contacto:

✉ custodiadoterritorio@gmail.com