Asociación Galega Custodia do Territorio

  • CONTACTA CON NOS!

ACTIVIDADES

ACORDOS DE CUSTODIA

PROXECTOS ACTIVOS

NON O DUDES … E CONTACTA

Asociación Galega de Custodia do Territorio

Protexer o noso patrimonio natural

A AGCT nace para garantir a conservación da rica biodiversidade e paisaxe de Galicia.

Ao combinar esforzos entre administracións públicas, propietarios e sociedade civil, traballamos para preservar o patrimonio natural que define a nosa identidade e é fundamental para o benestar común.

Fomentar a Implicación cidadá

Creemos nunha sociedade activa e consciente do seu papel na protección do territorio.

A AGCT promove a participación cidadá, impulsando accións responsables que complementen os recursos públicos e aseguren unha xestión sustentable dos nosos recursos naturais.

Garantir territorios vivos e sustentables

A AGCT existe para lograr que as persoas e a natureza convivan en harmonía.

Traballamos para que o territorio galego sexa un espazo vivo, no que as futuras xeracións poidan gozar dunha vida digna nun entorno equilibrado e sustentable.

Casa das Insuas

A Casa das Insuas, ubicada en Rábade a carón do río Miño, é un centro de conservación e estudo da natureza que actúa como punto de encontro para quen desexe coñecer, valorar e protexer o medio natural.

Este espazo, xestionado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, promove iniciativas de agroecoloxía, soberanía alimentaria e actividades baseadas no uso sustentable da natureza, unindo tradición e innovación.

2 + 7 =

Soñamos cunha Galicia onde natureza e sociedade camiñen xuntas

Desde a súa fundación en 2008, a AGCT traballa para complementar os esforzos das administracións públicas, chegando a espazos non protexidos e involucrando a comunidades enteiras na conservación.

A través de proxectos como a Casa das Insuas, achegamos ferramentas e coñecemento para que máis persoas e entidades se sumen a esta causa, inspirando accións que preserven a riqueza natural e cultural de Galicia.

Roberto j. Hermida

Presidente AGCT

Coidemos o que é noso, unímoste a custodia do territorio?