Queres participar na custodia do territorio

ACTIVIDADES

¿Es propietario dun terreo?

Son moitas as cousas que se poden facer para conservar ou restaurar os seus valores naturais, incrementar a súa diversidade biolóxica ou favorecer o seu uso sustentábel.

Se queres, podémolas facer xuntos. ¡Contacta con nós!

¿Queres botar unha man nas tarefas de voluntariado da AGCT?

Escríbenos a custodiadoterritorio@gmail.com e avisarémoste cando convoquemos actividades de voluntariado.

Categorías de socios e cotas mínimas anuais:

  • Socio xuvenil (menor de 16 anos): 10 €

  • Socio plenario (maior de 16 anos): 20 €

  • Socio familiar (familia que comparte o mesmo enderezo): 30 €

  • Socio benfeitor: 300 €

  • Entidade: 60 €

  • Entidade benfeitora: 600 €

Casa das Insuas

A Casa das Insuas, ubicada en Rábade a carón do río Miño, é un centro de conservación e estudo da natureza que actúa como punto de encontro para quen desexe coñecer, valorar e protexer o medio natural.

Este espazo, xestionado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, promove iniciativas de agroecoloxía, soberanía alimentaria e actividades baseadas no uso sustentable da natureza, unindo tradición e innovación.

10 + 1 =

Soñamos cunha Galicia onde natureza e sociedade camiñen xuntas

Desde a súa fundación en 2008, a AGCT traballa para complementar os esforzos das administracións públicas, chegando a espazos non protexidos e involucrando a comunidades enteiras na conservación.

A través de proxectos como a Casa das Insuas, achegamos ferramentas e coñecemento para que máis persoas e entidades se sumen a esta causa, inspirando accións que preserven a riqueza natural e cultural de Galicia.

Roberto j. Hermida

Presidente AGCT

Coidemos o que é noso, unímoste a custodia do territorio?