Data
18 outubro 2025
Hora
10:00 h. – 18:00 h. aprox
Lugar
Piornedo, Cervantes

Información básica
Acerca do evento
O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza o día 18 de outubro en Piornedo (Concello de Cervantes- Lugo) unha actividade na que, da man dun xeólogo e dos habitantes do territorio, tentaremos interpretar as distintas formacións xeolóxicas da serra.
Camiñaremos ao redor de 7Km., cun roteiro de dificultade media-alta e, ao longo da xornada, visitaremos Piornedo, Suárbol, Porto de Ancares e Cuíña. Nestes puntos veranse distintas evidencias da pegada dos glaciares que dominaron estas montañas ao longo da derradeira glaciación, hai uns 50.000 anos. Pero tamén haberá tempo para falar e interpretar as distintas formacións xeolóxicas desta serra, que van dende rochas que estaban no fondo do mar hai millóns de anos ata outras que se orixinaron polo arrefriamento do magma a profundidades de case 10 quilómetros.
Inscrición ou consultas no correo electrónico custodia.caprif@gmail.com , no teléfono 687001304 ou ben a través do formulario que atoparás a continuación:
