Data
22/11/2025
Hora
10:30 h. – 16:00 h. aprox
Lugar
MVMC de Carballo (Friol)
Información sobre a actividade
O vindeiro sábado 22 de novembro celebraremos unha xornada aberta de visita e voluntariado ambiental no MVMC de Carballo, no concello de Friol.
Comezaremos a mañá coñecendo o traballo da CMVMC de Carballo, que aposta por unha xestión sostible do territorio e pola recuperación de espazos de valor ecolóxico e social.
Despois, realizaremos tarefas de restauración da charca de Sete Fontes, un punto de auga tradicional que, tras os traballos de mellora, volverá a converterse nun hábitat clave para anfibios, invertebrados e outras especies silvestres. A recuperación desta charca contribuirá a reforzar a biodiversidade e a conectividade ecolóxica.
Para rematar, compartiremos un petisco con produtos locais, un espazo perfecto para conversar sobre custodia agraria e xestión multifuncional do monte.
💚 A actividade conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo e co compromiso da veciñanza, que continúa a demostrar que a custodia do territorio é unha ferramenta viva e colaborativa para coidar do noso patrimonio natural
👉 Podedes reservar a vosa praza no seguinte formulario: