Data
29/11/2025
Hora
10:30 h. – 16:00 h. aprox
Lugar
Lugo
Información sobre a actividade
O vindeiro sábado 29 de novembro celebraremos unha xornada aberta de visita e voluntariado ambiental na gandaría La Cabreta, no concello de Lugo.
Comezaremos a mañá coñecendo o traballo da gandaría La cabreta, que aposta por unha xestión sostible do territorio a través do manexo rotacional das ovellas.
Despois, realizaremos tarefas de restauración dunha charca para mellorar hábitat para a biodiversidade acuática e a conectividade ecolóxica.
Para rematar, compartiremos un petisco con produtos locais.
💚 A actividade conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo e co compromiso da veciñanza, que continúa a demostrar que a custodia do territorio é unha ferramenta viva e colaborativa para coidar do noso patrimonio natural
👉 Podedes reservar a vosa praza no seguinte formulario: https://forms.gle/ADLAWnX89XQhUo1h7