Data
08/11/2025
Hora
17:00 h. – 23:00 h. aprox
Lugar
Piornedo, Cervantes

Información básica
O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza o día 8 de novembro en Piornedo (Concello de Cervantes- Lugo) unha actividade na que, ademais de coñecer a aldea de Piornedo, aprenderemos xogos tradicionais e remataremos con música e contos ao redor da leira nunha palloza, ao tempo que nos quentamos cun caldiño de verzas.
Acerca do evento
Farase unha benvida, cun paseo guiado de 1 quilómetro por Piornedo, xogaremos a xogos tradicionais, como “A Cocha”, participaremos da elaboración do caldo (picar as verzas, pelar patacas, atender ao lume,…); desfrutaremos dunha cea ao estilo da zona e remataremos cunha velada na palloza con máis xogos tradicionais, contos e cancións ao redor do lume.
Imprescindible: traer roupa vella (vai haber fume) e de abrigo
Consultas no correo electrónico custodia.caprif@gmail.com ou no teléfono 687001304
Inscrición a través do formulario que atoparás premendo o seguinte botón:
