
PLATAFORMA DE CUSTODIA DO TERRITORIO GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
Dende a AGCT colaboramos activamente no proxecto GreenGap, realizando o mapeado das entidades e dos acordos de custodia do territorio en Galica e Norte de Portugal. Encargámonos de contactar con cada unha das entidades de custodia, recompilar a información clave sobre os acordos de custodia e contribuímos á estruturación e desenvolvemento da Plataforma, en colaboración con Winecta.
A Plataforma da Rede de Custodia do Territorio preséntase como unha ferramenta interactiva e accesible, onde se recolle o traballo de múltiples actores —comunidades, organizacións sociais, administracións e entidades privadas— vencelladas a custodia do territorio. A través dun mapa dinámico, pódese explorar quen son, que fan e onde actúan.
O sitio web tamén inclúe recursos complementarios como o Directorio de Entidades, Novas e materiais de apoio, promovendo a conexión e o intercambio entre os diferentes axentes implicados na custodia do territorio.
Podes visitalo aquí: Plataforma de custodia do territorio Galicia – Norte de Portugal