Data
26-28 setembro 2025
24-26 outubro 2025
Horarios
Venres: 16:00h. – 20:30h.
Sábado: 10:00h. – 14:00h
15:30h. – 20:00h.
Domingo: 10:00h. – 15:00h.
Lugar
Casa das Insuas, Rábade
Ecomuseo El País del Abeyeiro, Negueira de Muñiz
Información básica
O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organizamos un «Obradoiro de apicultura sostible» os días 26, 27 e 28 de setembro e os días 24, 25 e 26 de outubro.
Esta actividade formativa, de 36 horas lectivas e que se desenvolverá entre a Casa das Ínsuas (Rábade) e o Ecomuseo El País del Abeyeiro (Negueira de Muñiz), incluirá contidos teóricos e prácticos.
Acerca do evento
Boas novas: aínda que non asistiras á primeira parte, podes participar igualmente nesta segunda.
Para participar é necesario reservar praza neste formulario: https://forms.gle/vEmKzCb9MQs5ZBum6
Programa
Venres 24 de outubro (16:00–20:00)
Práctica: Paseo de identificación de polinizadores silvestres (abellas, moscas, escarabellos e bolboretas).
Apicultura sostible compatible cos polinizadores silvestres. (Retransmitido por YouTube en directo dende a Casa das Insuas)
Sábado 25 de outubro (10:00–14:00 e 15:30–20:00)
Tratamentos sanitarios: ecolóxicos e convencionais.
O manexo da colmea.
Primeira visita: Preparación das colmeas.
Traballos de primavera. Renovación de ceras. Saúde apícola.
Traballos de verán. Extracción de mel e polen.
Traballos de outono. Preparación para a invernada.
Apicultura estante e trashumante: vantaxes e inconvintes.
Domingo 26 de outubro (10:00–15:00)
Materias primas: polen, mel, néctar, propóleo e xelea real. Tipos de meles.
A produción ecolóxica.
Sostibilidade económica da actividade apícola profesional.
Comercialización de produtos apícolas.
Práctica: Cata e degustación de meles.
Novidade: por se non podes vir presencialmente, o venres 24 de 18:00 a 20:00 retransmitiremos en directo por YouTube a sesión “Apicultura sostible compatible cos polinizadores silvestres”.
Falaremos dos insectos que intervienen na polinización, os problemas que poden xurdir, cómo facer unha apicultura compatible coa biodiversidade ou as oportunidades que estas maneiras máis sostibles de producir teñen en canto a rentabilidade e a posicionamento.
Formulario de inscrición para a retransmisión online:
https://forms.gle/NQuEfXjKdRq53QvB7