Data
16/11/2025
Hora
10:00 h. – 14:30 h. aprox
Lugar
Parderne, Folgoso do Courel

Información básica
O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza o día 16 de novembro en Paderne (Folgoso do Courel- Lugo) unha actividade na que falaremos e desfrutaremos dos soutos, apañaremos castañas e, cómo non, probaremos ese alimento nun magosto tradicional
Acerca do evento
Os soutos do Courel son imprescindibles para comprender a vida do territorio. Adicaremos a mañá a coñecer as peculiaridades destes bosques culturais; co permiso dos propietarios agacharemos o lombo para apañar algunha castaña e remataremos, de novo contando coa colaboración dos veciños e veciñas, na aldea de Miraz, celebrando un magosto tradicional.
Imprescindible: auga, calzado e roupa axeitados e luvas de látex (recomendable)
Consultas no correo electrónico custodia.caprif@gmail.com ou no teléfono 687001304
Inscrición a través do formulario que atoparás premendo o seguinte botón:
