Data
27/09/2025
Hora
10:00 h. – 19:00 h. aprox
Lugar
Piornedo, Cervantes
Información básica
O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza o día 27 de setembro en Piornedo (Concello de Cervantes- Lugo) unha actividade na que combinaremos un pequeno roteiro cun traballo manual de elaboración de pan en forno de leña.
Acerca do evento

Adicaremos todo o día a facer pan no forno tradicional: amasar, ir á leña, roxar o forno, facer pais e empanadas, cocer e merendar. Teremos algún momento para dar un paseo pola aldea e acercarnos a un searo, para falar dos teitos e ver unha demostración de tratado nunha palloza.Imprescindible: roupa e calzados axeitados, auga e bocadillo, xa que o pan non estará cocido ata a tarde.