Data
9/11/2025
Hora
10:30 h. – 16:00 h. aprox
Lugar
Pacios (Baralla)
Información sobre a actividade
A Rede de Custodia Agraria continúa a traballar xunto con gandeiros e gandeiras comprometidos coa conservación da biodiversidade agraria. Como parte deste compromiso, o vindeiro domingo 9 de novembro celebraremos unha nova xornada aberta de voluntariado e mellora ambiental na Gandaría Josmar, situada no concello de Baralla.
Nesta ocasión, a actividade centraráse na creación dunha nova charca dentro da finca, un espazo que servirá como hábitat para anfibios, invertebrados e outras especies silvestres, contribuíndo á mellora da biodiversidade e á saúde ecolóxica do territorio.
Durante a xornada coñeceremos o traballo desta gandaría, que aplica manexo rexenerativo e prácticas agroecolóxicas, e colaboraremos na construción da charca mediante accións prácticas de restauración e plantación de vexetación de ribeira. Ademais, comentaremos como estas medidas contribúen a un modelo produtivo sostible, que coida o solo, a auga e a fauna local.
Ao remate, compartiremos un espazo de encontro e conversa sobre custodia do territorio e agroecoloxía, acompañado dunha degustación de produtos locais da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un momento ideal para intercambiar experiencias e fortalecer lazos entre participantes.
💚 Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo e conta co apoio das entidades locais implicadas no proxecto.
👉 Podedes reservar a vosa praza no seguinte formulario: