Data
19/10/2025
Hora
10:15 h. – 14:30 h. aprox
Lugar
Monte de Toca (Samos)

Información sobre a actividade
O monte de Toca, cunha rica diversidade de hábitats que inclúe prados e bosques de frondosas, favorecen a presencia de distintas especies de fungos asociados. Nesta primeira actividade do ciclo de actividades organizado pola AGCT, da man da Cruz Vermella e a CMVMC de Toca, achegarémonos a este fascinante mundo da micoloxía da man do experto Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus.
Esta xornada enmárcase no acordo a tres bandas asinado no 2022 pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), a Comunidade de Montes de Toca e a Cruz Vermella, co obxectivo de restaurar e conservar áreas afectadas polos incendios. Como parte deste compromiso, desenvolveranse un total de sete actividades de posta en valor deste espazo, sendo esta saída micolóxica a primeira delas.
Participa e descobre connosco os tesouros de este espazo de alto valor natural! Inscricións no botón que atoparás abaixo.
Máis información no correo marenoso@gmail.com ou no teléfono 687 00 13 04
