Proxectos por zonas xeográficas
Terra Cha
Conservación da biodiversidade asociada á paisaxe agraria atlántica
Traballamos na conservación daqueles elementos da paisaxe agraria tradicional que contribuen ao mantemento da biodiversidade.
Acordo de custodia para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte
Mantemos un acordo coa Deputación de Lugo para a xestión das Insuas do Miño e os Ollos de Begonte.
Adaptando que é xerundio
Preparando a Reserva da Biosfera Terras do Miño para facer fronte aos desafíos do cambio climático.
Observatorio de EEI da Terra Cha
Unha ferramenta participativa para a detección e o control das especies exóticas invasoras na Terra Cha.
Ancares e Courel
Monte de Piornedo
Colaboramos cos veciños de Piornedo na conservación do Monte de Piornedo, unha propiedade comunal de máis de 800 hectáreas que alberga numerosos hábitats e especies de gran interese ecolóxico.
Microrreservas de orquídeas no Courel
Seis pequenos espazos na serra do Courel que albergan unha gran diversidade botánica, coas numerosas especies de orquídeas silvestres como bandeira.
Life Oso Courel
Participamos no proxecto Life Oso Courel, coordinado pola Fundación Oso Pardo, para favorecer a expansión de oso pardo a novos territorios na serra do Courel.
Por todo o país
Refuxios para morcegos
A AGCT, en colaboración con Morcegos de Galicia, pon en marcha un proxecto para protexer as colonias de morcegos que habitan máis perto de nós.