top of page
As microrreservas son pequenos espazos que nacen da necesidade de protexer poboacións de flora e fauna ameazada moi localizadas, así como hábitats de especial interese e escasa extensión (como moitos humidais).
Na actualidade estamos a xestionar microrreservas para a conservación de dous grupos de flora:
-
As singulares especies asociadas ás rochas serpentínicas da Serra do Careón.
-
A diversa ensamblaxe de orquídeas e outras prantas ligadas aos afloramentos calizos do Courel.
Nesta laboura contamos coa colaboración de especialistas en conservación de flora e fauna ameazada, e con diferentes estamentos das administracións galega e estatal.
Microrreservas da Serra do Courel
Microrreservas
bottom of page