Taller de vimbio vivo en maceta
dom, 17 mar
|Rábade
O próximo fin de semana, o domingo 17 de marzo de 10:30 a 14:00, teremos o Taller de vimbio vivo en maceta, da man de Idoia Cuesta onde aprenderemos a crear estruturas en vimbio vivo trenzado para decorar o noso xardín ou vivenda.
Horario y ubicación
17 mar 2024, 10:30 – 14:00
Rábade, C. José Pardo, 20, 27370 Rábade, Lugo, España
Acerca del evento
Seguimos coas actividades da Casa das Insuas englobadas no programa de cestería con vimbios. O próximo fin de semana, o domingo 17 de marzo de 10:30 a 14:00, teremos o Taller de vimbio vivo en maceta, da man de Idoia Cuesta onde aprenderemos a crear estruturas en vimbio vivo trenzado para decorar o noso xardín ou vivenda.
Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.
Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.