top of page

Durante o ano 2017 desenvolvimos o proxecto "Mantemento e recuperación da biodiversidade asociada á paisaxe agraria atlántica", financiado pola Fundación Biodiversidad e cofinanciado pola Deputación de Lugo.

Os obxectivos deste proxecto foron:

- Recuperar prados abandonados de alto valor ecolóxico

- Manter e recuperar elementos tradicionais da paisaxe agraria que axudan á conservación da biodiversidade

- Crear novos elementos que axuden a recuperar e manter a biodiversidade asociada a paisaxes agrarias atlánticas

- Xerar materiais e espazos de debate sobre a conservación da biodiversidade asociada a paisaxes agrarias atlánticas

Unha parte das accións realizáronse nas insuas do Miño e o seu entorno, no corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño, e outra parte en terreos dos socios da cooperativa gandeira Beealia, no concello de Pol.

Entre os resultados conseguidos no traballo de campo destacan: 

- A restauración estructural de case vinte hectáreas de prados abandoados

- O enriquecemento de case dúas hectáreas con semente procedente de prados doantes ben conservados do entorno

- A restauración de 1.516 metros de sebes vexetais tradicionais

- A restauración de dous humidais

- A restauración de máis de 700 metros de muros de pedra tradicionais

- A creación de dúas novas charcas

- A instalación de máis de 80 refuxios para aves e morcegos

Ademáis disto, realizáronse as primeiras xornadas en Galicia sobre a conservación de prados seminaturais e elaborouse un manual de conservación (preme para descargar) deste tipo de hábitats tan ameazados pola transformación e o abandono.

Pedreira do Marco restaurada
Pedreira do Marco restaurada
Pedreira do Marco limpeza
Voluntarios na Pedreira do Marco
Recollida de herba nun prado donante
Prado abandonado despois do desbroce
Poda dunha sebe de salgueiros
Restauración dun muro tradicional
Detalle dun muro restaurado
Colocacion de caixas refuxio
Prado seminatural con árnica
Pintafontes nun muro tradicional
Lavadoiro da Fontevella restaurado
Charca de nova creación
Xornada de conservación de prados
bottom of page