Noite de morcegos na Casa das Insuas

Información sobre a actividade

Este venres, 9 de outubro, teremos unha actividade para coñecer mellor o fascinante mundo dos morcegos:

🦇 19:00 h – Charla de introdución aos morcegos
No auditorio da Casa das Insuas.

🌙 20:00 h – Paseo até o río para escoitar e observar os morcegos
Durante o paseo empregaremos detectores de ultrasóns e visores térmicos para poder localizar e identificar estes animais.

Non é preciso traer nada, só ganas de aprender e desfrutar.

A actividade será impartida por Roberto Hermida (AGCT / Morcegos de Galicia).

Agardámosvos!