Data
Sábado 20 de xuño
Hora
10:00 h. – 18:00 h.
Lugar
Antiga biblioteca de Samos
Monte de Toca (Samos)
Información sobre a actividade
Este seminario, enclavado dentro das actividades que a AGCT está a desenvolver no monte de Toca (Samos), froito do convenio asinado coa Cruz Vermella para dar a coñecer este monte de gran valor natural, pretende abrir un espazo de reflexión e diálogo arredor dos efectos do lume sobre os territorios de alto valor natural, así como sobre os retos e oportunidades que afronta o medio rural nun contexto de cambio global.
Ao longo da xornada abordaranse as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos incendios forestais, prestando especial atención á necesidade de impulsar modelos de xestión territorial máis resilientes, capaces de compatibilizar a conservación da biodiversidade co desenvolvemento sostible das comunidades rurais.
O encontro poñerá o foco na poboación local e na importancia de promover estratexias de prevención e ordenación do territorio baseadas na multifuncionalidade da paisaxe, no mantemento e recuperación de usos tradicionais e no fortalecemento das actividades económicas vencelladas á conservación da natureza e á produción primaria sostible.
Entre outros aspectos, analizaranse:
-
O impacto do lume nos ecosistemas e nos espazos naturais de alto valor ecolóxico.
-
O territorio actual: o abandono da actividade agraria e a transformación da paisaxe rural nas últimas décadas como factor determinante.
-
A importancia da gandería extensiva e doutras prácticas tradicionais sostibles na conservación da biodiversidade, no mantemento de hábitats en mosaico e na redución do risco de grandes incendios.
-
As oportunidades de desenvolvemento rural vinculadas á conservación da natureza, á valorización dos recursos locais e ao impulso de modelos produtivos sostibles compatibles coa preservación do territorio.
O seminario está dirixido fundamentalmente aos habitantes deste territorio de alto valor ambiental pero tamén a persoas vinculadas á xestión ambiental e forestal, ao sector primario, á investigación, ás administracións públicas e á cidadanía interesada no futuro do medio rural e da conservación do patrimonio natural.
LOCALIZACIÓN: Antiga Biblioteca de Samos. Rúa da Torre, 7, 27620 Samos, Lugo. https://maps.app.goo.gl/mhgJgJoV9jTHGXfq9
PROGRAMA
-
10:00 h | Recepción das persoas participantes e apertura do seminario.
-
10:15 h | Comprometidos co Monte de Toca: participación social e conservación do territorio.
Cruz Vermella e AGCT -
10:30 h | Cambios no territorio desde mediados do século XX: transformación da paisaxe rural e novas dinámicas socioambientais.
Alba Geada (USC) e Mar Pérez Fra (USC)
-
11:30 h | Novos mecanismos de valorización da natureza en montes de alto valor ambiental.
Boris Hinojo (3edata) -
12:15 h | Pausa café
-
12:45 h | Mesa redonda — Xente a favor do territorio e fronte aos lumes: experiencias locais en primeira persoa
-
14:15 h | Xantar libre
-
16:30 h | Visita guiada ao Monte de Toca (Samos)
Percorrido interpretativo sobre o territorio, a súa evolución recente e as actuacións de conservación desenvolvidas no marco do convenio asinado pola AGCT e a Cruz Vermella.
Prazas limitadas. Imprescindible inscrición