Visita á Microrreserva de Hórreos

Data

Domingo 14 de xuño

Hora

10:00 h.  –   18:00 h.

Lugar

Hórreos (Folgoso do Courel)

 

 

Información sobre a actividade

14 de Xuño: Visita á microrreserva de Hórreos.

Visitaremos a microrreserva de orquídeas de Hórreos, a máis grande das microrreservas do Courel. Ademais, durante a actividade explicaremos a paisaxe, así como os distintos hábitats polos que discorre o roteiro, con especial énfase no afloramento calcario de Hórreos, no que identificaremos e explicaremos as características e curiosidades das distintas especies de orquídeas que se atopen en floración.

Para esta actividade, a AGCT cobrará unha cota de inscrición e reserva de praza de 6€, que se aboarán vía Bizum ou mediante transferencia bancaria. Estes 6€ serán devoltos únicamente en caso de que a persoa inscrita non poda vir por causas de forza maior. Estes cartos serán empregados íntegramente no territorio no mesmo día da actividade ( taxi, café/refresco grupal,…). Deste xeito tentamos asegurar compromiso de asistencia, ao tempo que colaboramos coa poboación local.

  • Hora inicio: 10:00h. Hora Finalización aprox.: 18:00h.

  • Punto de saída: Seoane do Courel ( confirmarase punto exacto unha vez se formalice a inscrición)

  • Dende Seoane nos desplazaremos en coches particulares ata o inicio da actividade.

  • Dificultade: media. Distancia aproximada: 7Km. A ruta comeza cunha subida na que se ascenden 300m.nos primeiros 3 Km.

  • Imprescindible: auga, bocadillo, froitos secos, froita; calzado e roupa axeitados (pantalón longo) e protector solar.

Número máximo: 15 persoas.