VII BIOBLITZ DO COUREL

VII BIOBLITZ COUREL

6 e 7 de xuño de 2026

Descrición: Un Bioblitz é unha prospección intensiva da biodiversidade nunha área determinada na que participan naturalistas asesorados por expertos en distintas disciplinas. Ademais, este tipo de actividade, aberta a todo o público, busca implicar á cidadanía no coñecemento e protección da biodiversidade.

O VII Bioblitz do Courel (ano 2026) está enmarcado dentro do Proxecto Saberes do Monte, financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio Para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) a través da cofinanciación do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O VII Bioblitz complementará as anteriores edicións e levará a cabo os días 6 e 7 de xuño un inventario biolóxico co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e micobiota en distintos espacios representativos deste territorio de altos valores naturais.

No Bioblitz participarán activamente expertos da Sociedade Micolóxica Lucus, o Grupo Naturalista Hábitat e de SOCEME ( Sociedad para la conservación y estudio de las mariposas en España).

Para o correcto desenvolvemento das xornadas contaremos coa colaboración da Estación Científica de Seoane, que cederá as súas intalacións e na que se desenvolverá a parte teórica do Bioblitz.

Inscricións: na web de Custodia do Territorio. Ata o 4 de xuño, inclusive. Indicar: nome, apelidos, DNI e, de existir, especialidade de estudo ou interés. As organizacións e asociacións poden realizar inscrición conxunta. 

Prazas limitadas, por orde de inscrición neste formulario.

PROGRAMA

 

Data: 6-7 de xuño.

Horario: 12:00h (día 6)- 14:15h. (día 7)

Lugar: Seoane do Courel

PROGRAMA:

  • Sábado, 6 de xuño:

  • 12:00h.: Recepción dos asistentes, inauguración e presentación na Estación Científica de Seoane (ECS).

  • 12:30h.: Inicio actividade. Saída polos arredores da ECS.

  • 15:30h.: Inicio actividade de tarde. Saídas de prospección da biodiversidade por áreas de montes de alto valor natural.

  • 19:30h.: Revisión de observacións e resolución de dúbidas.

  • 20:30h.: Tempo libre e cea.

  • 22:00h.: Actividade de observación nocturna.

  • Domingo, 7 de xuño:

  • 10:00h.: Recepción na ECS e inicio da actividade de campo

  • 13:30h.: Regreso de grupos. Revisión e resolución de posibles dúbidas.

  • 14:15h.: Fin