Roteiro sobre mamíferos - Monte de Toca

Data

Domingo 19 de abril

Hora

10:15 h.  –   14:30 h.  aprox

Lugar

Monte de Toca (Samos)

 

 

Información sobre a actividade

Lugar: Monte de Toca; 27620, Samos (Lugo).
 
Lonxitude aproximada: 5Km.; dificultade: media-baixa.
Imprescindible: roupa e calzado axeitados, auga e froita e/ou froitos secos
 
Descrición: A gran diversidade de hábitats e a pouca presión humana favorecen a presencia de distintas especies de mamíferos no monte de Toca. Ademais, os sendeiros amplos, con bastantes zonas de lama, permiten que éstes deixen as súas pegadas.

Adicaremos a xornada a amosar esas pegadas, excrementos ou outros rastros dos mamíferos que habitan neste territorio, ao tempo que recoñecemos os hábitats que éstes ocupan.

Esta xornada enmárcase no acordo a tres bandas asinado no 2022 pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), a Comunidade de Montes de Toca e a Cruz Vermella, co obxectivo de restaurar e conservar áreas afectadas polos incendios. Como parte deste compromiso, desenvolveranse un total de sete actividades de posta en valor deste espazo, sendo esta saída de rastros a primeira e deste ano 2026..

Participa e descobre connosco os tesouros de este espazo de alto valor natural! Inscricións no botón que atoparás abaixo.

Máis información no correo marenoso@gmail.com ou no teléfono 687 00 13 04