Obradoiro de elaboración de xabón-esponxa con feltro artesá

Data

12 de abril

Hora

10:00 h.  –   14:00 h.

Lugar

Casa das Insuas

 

 

Información sobre a actividade

Aprenderemos a crear xabóns artesanais cubertos e decorados con lá de ovellas galegas, lavada, cardada, tinguida e feltrada a man. Unha oportunidade perfecta para conectar co artesanato tradicional e gozar dun espazo creativo e relaxado.

Podes reservar a túa praza neste formulario: https://forms.gle/6h4bnXG3QwMBeN1i6
Para máis información: casadasinsuas@gmail.com

 

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.