Data
28 e 29 de xuño 2025
Lugar
Piornedo
Información sobre a actividade
Temos o pracer de convidarvos ao III Bioblitz de Piornedo, que se celebrará os días 28 e 29 de xuño na aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo), en pleno corazón dos Ancares.
Trátase dunha actividade participativa de ciencia cidadá que ten como obxectivo inventariar a biodiversidade local, contando coa colaboración de persoas expertas e afeccionadas de distintos ámbitos (botánica, micoloxía, fauna, insectos, etc.). Ao longo da fin de semana realizaremos saídas de campo, obradoiros e actividades para todos os públicos, nun espazo de alto valor natural e cultural.
Sábado 28 de xuño
11:30 h. – Recepción dos participantes en Piornedo
12:00 h. – Presentación do bioblitz
13:00 h. – organización dos equipos
14:00h. – Degustación de productos da Reserva
16:00 h. – Itinerarios de descuberta de biodiversidade (I).
21:00 h. – Posta en común dos resultados da primeira xornada
21: 30 h. – Cea
22: 30 h. – Mostraxes nocturnas
Domingo 29 de xuño
10:00 h. – Itinerarios de descuberta de biodiversidade (II)
14:00 h. – Posta en común dos resultados da segunda xornada
14:30 h. – Degustación de productos da Reserva
16:00 h. – Visita guiada por Piornedo
18:00 h. – Peche do Bioblitz
Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.