O pan. Da terra ao teito

Data

27/09/2025

Hora

10:00 h.  –   19:00 h.  aprox

Lugar

Piornedo, Cervantes

Información básica

O proxecto CAPRIF-CC, a través da Asociación Galega de Custodia do Territorio, organiza o día 27 de setembro en Piornedo (Concello de Cervantes- Lugo) unha actividade na que combinaremos un pequeno roteiro cun traballo manual de elaboración de pan en forno de leña.

Acerca do evento

Adicaremos todo o día a facer pan no forno tradicional: amasar, ir á leña, roxar o forno, facer pais e empanadas, cocer e merendar. Teremos algún momento para dar un paseo pola aldea e acercarnos a un searo, para falar dos teitos e ver  unha demostración de tratado nunha palloza.Imprescindible: roupa e calzados axeitados, auga e bocadillo, xa que o pan  non estará cocido ata a tarde.