Actividades da Casa das Insuas en febreiro

8 Febreiro 2012 Deixar un comentario

Eventos sobre o urbanismo sostible e o lobo en Galicia. Ler máis…

Categorías:Casa das Ínsuas, Eventos

O Concello de Pontevedra lexitima o labor ambiental de Vaipolorío

26 Xaneiro 2012 Deixar un comentario

O Concello de Pontevedra recoñece a importancia do labor ambiental que ven realizando a asociación Vaipolorío mediante a asinatura dun convenio que regulará a colaboración de ambas as entidades. Ler máis…

Categorías:Uncategorized

Recuperación do bosque natural dos Ancares

16 Xaneiro 2012 5 comentarios

No ano 2011 a AGCT asinou un convenio de colaboración coa Fundación Acciónatura para desenvolver de forma conxunta un proxecto de mellora do bosque autóctono na comarca dos Ancares, provincia de Lugo. Con este acordo a AGCT únese ao traballo que Acciónatura vén realizando dende o ano 2006 en prol dos bosques naturais ancaraos. Ler máis…

Categorías:Proxectos

Fin de semana falando de custodia do territorio

29 Decembro 2011 Deixar un comentario
Tertulia en Doniños

O pasado sábado 24 de decembro a AGCT participou nunha tertulia sobre Custodia do Territorio en Doniños, (Ferrol).
Esta actividade encadrouse no programa piloto de dinamización cultural na zona rural do concello de Ferrol e tiña como obxectivo responder as inquietudes manifestadas polos veciños da parroquia de Doniños no eido da conservación e valorización do seu patrimonio natural e cultural.
O noso secretario, Óscar Rivas, expuso os conceptos teóricos da Custodia do Territorio como ferramenta participativa de conservación do patrimonio natural e cultural asociado, así como a situación actual deste movemento na nosa contorna.
Esta intervención foi seguida da participación de Rafael Beceiro, do proxecto Esmelle , quen apresentou unha aplicación práctica da custodia do territorio, expoñendo os proxectos desenvolvidos pola asociación de veciños da parroquia de Esmelle no mesmo municipio de Ferrol.
É de salientar que a participación veciñal no concello de Ferrol e nos territorios limítrofes alcanza cotas moi altas en relación ao normal no resto de Galicia. A existencia deste sustrato social converte a esta área nunha zona de interese para desenvolver actividades de custodia do territorio. Esperemos que así sexa, e que a custodia avance de forma imparable nesta comarca.

Mesa redonda na Feira Terractiva

Ao día seguinte, o domingo 18 de decembro, a AGCT estivo presente en Terractiva, a maior feira ecolóxica de Galicia, que se celebra cada ano por estas datas en Arzúa. Ademais da exposición e venda de produtos ecolóxicos, terapias alternativas e de artesanía, nesta feira realízanse talleres formativos, conferencias, música e proxección de documentais.
A Asociación Galega de Custodia do Territorio participou nesta edición nunha mesa redonda o domingo á tarde xunto con outras entidades (Fragas do Mandeo, Ridimoas, Adega e Ulla-Deza) falando, como non, da custodia do territorio en Galicia.
Como vedes a Custodia do Territorio está de actualidade na nosa terra.

Categorías:Uncategorized

Terractiva

12 Decembro 2011 Deixar un comentario

O Concello de Arzúa organiza, os días 17 e 18 de decembro, unha nova edición de Terractiva, a maior feira ecolóxica de Galicia. Ademais da exposición e venda de produtos ecolóxicos, terapias alternativas e de artesanía, realizaranse talleres formativos, conferencias, música e proxección de documentais.

 

A Asociación Galega de Custodia do Territorio participa nesta edición nunha mesa redonda o domingo á tarde (ás 17:00) xunto con outras entidades (Fragas do Mandeo, Ridimoas, Adega e Ulla-Deza) falando, como non, da custodia do territorio en Galicia.

Esta actividade realizarase no Recinto Feiral de Arzúa e podedes obter máis información na súa páxina web.

Categorías:Eventos

Constitución do Foro Estatal da Custodia do Territorio

17 Novembro 2011 1 comentario

O pasado 3 de novembro trece organizacións constituíron en Madrid o Foro Estatal de Custodia do Territorio (FECT). Ler máis…

Categorías:Asociación, Eventos

I Encontro Galego de Custodia do Territorio: album

8 Novembro 2011 1 comentario

Aqui podedes ver o álbum de fotos realizado polos compañeiros de ADEGA do I Encontro Galego de Custodia do Territorio

Categorías:Uncategorized
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.