O pasado domingo 26 de febreiro, La Voz de Galicia publicou un artigo sobre o noso proxecto de custodia nos bosques de Ancares. Podedes velo aqui.
En resposta á nota de prensa que se enviou desde a Asociación con motivo do lanzamento do noso web, o xornal EL PAIS dedicou o pasado día vintesete de decembro unha reportaxe ao movemento galego da custodia do territorio. Ao longo dos dous artigos da reportaxe, o xornalista fai un percorrido polas distintas organizacións existentes hoxe en día: a nosa Asociación, Ridimoas, Hábitat, Drosera, Numenius, Proxecto Ríos e Vaipolorío.
Podedes ler a reportaxe nas seguintes ligazóns: Colectivos naturalistas compran terrenos para garantizar su conservación y El fin de semana es para los ríos.