Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Proxectos’

Recuperación do bosque natural dos Ancares

16 Xaneiro 2012 5 comentarios

No ano 2011 a AGCT asinou un convenio de colaboración coa Fundación Acciónatura para desenvolver de forma conxunta un proxecto de mellora do bosque autóctono na comarca dos Ancares, provincia de Lugo. Con este acordo a AGCT únese ao traballo que Acciónatura vén realizando dende o ano 2006 en prol dos bosques naturais ancaraos. Ler máis…

Categorías:Proxectos

Asinado convenio de colaboración coa conserveira ANTONIO PEREZ LAFUENTE, S.A. para a compra de bosque autóctono.

30 Abril 2010 2 comentarios

O pasado día 19 de abril asinouse un convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a conserveira ANTONIO PÉREZ LAFUENTE, S.A. para a compra de parcelas de bosque autóctono de alto valor natural.

A conserveira de Vilanova de Arousa obtivo recentemente o certificado do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) sendo a primeira fábrica recoñecida de conservas ecolóxicas de peixe e Pan do marmarisco. A empresa, baixo a marca “Pan do Mar”, exporta a metade da súa produción, principalmente á Alemaña, Austria, Franza e Reino Unido.

Un dos obxectivos ambientais da empresa é a compensación do CO2 producido pola actividade da fábrica. Con este motivo, a conserveira contactou coa Asociación coa intención de colaborar nun proxecto que contribúa a conservar os ecosistemas forestais que, como é sabido, son grandes sumidouros de carbono.

Mediante o convenio de colaboración, a empresa comprométese a financiar a compra de parcelas de bosque autóctono nas Rías Baixas. As carballeiras antigas nesta comarca son moi escasas e están gravemente ameazadas pola tala, a urbanización e os incendios. Alén da súa escasez, o valor natural destes bosques reside na grande diversidade biolóxica que albergan, en parte debida a se encontraren no limite da súa área de distribución.

Os fundos cedidos por ANTONIO PÉREZ LAFUENTE, S.A. destinaranse a compra de parcelas de bosque autóctono nas Rías Baixas. Un dos bosques mellor conservados da provincia é a carballeira de Ardán, entre os termos municipais de Bueu e Marín, polo que os nosos esforzos se centrarán, en principio, na conservación deste espazo natural. Desta maneira, unímonos ao proxecto encetado en 2009 polas entidades naturalistas DROSERA e ANDURIÑA para a conservación das carballeiras do Morrazo. Estas dúas asociacións son hoxe propietarias dunha tomada nesta carballeira excepcional que alberga unha diversa comunidade forestal, na que destaca a única poboación reprodutora na Galiza do morcego de Bechstein.


Visita á carballeira de Ardán o día da asinatura do convenio. De dereita a esquerda: David Graña (Drosera), o noso presidente Roberto Hermida, Antonio Fernández Cordeiro (Anduriña), Eduardo Drömer e Juan Pérez-Lafuente (Antonio Pérez Lafuente, S.A) e Ramón Magdalena (AGCT).

Máis información en:

Categorías:Proxectos
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.