Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Eventos’

Participamos no MTT

7 Maio 2012 Deixar un comentario

Por segundo ano, a nosa entidade participa no Master en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela. Durante unha das maestrías do master, o noso secretario, Óscar Rivas, explicou aos alumnos os conceptos da custodia do territorio, a sua historia, os avances lexislativos e a sua aplicación como ferramenta de xestión territorial. Ler máis…

Categorías:Eventos

Actividades da Casa das Insuas en febreiro

8 Febreiro 2012 Deixar un comentario

Eventos sobre o urbanismo sostible e o lobo en Galicia. Ler máis…

Categorías:Casa das Ínsuas, Eventos

Terractiva

12 Decembro 2011 Deixar un comentario

O Concello de Arzúa organiza, os días 17 e 18 de decembro, unha nova edición de Terractiva, a maior feira ecolóxica de Galicia. Ademais da exposición e venda de produtos ecolóxicos, terapias alternativas e de artesanía, realizaranse talleres formativos, conferencias, música e proxección de documentais.

 

A Asociación Galega de Custodia do Territorio participa nesta edición nunha mesa redonda o domingo á tarde (ás 17:00) xunto con outras entidades (Fragas do Mandeo, Ridimoas, Adega e Ulla-Deza) falando, como non, da custodia do territorio en Galicia.

Esta actividade realizarase no Recinto Feiral de Arzúa e podedes obter máis información na súa páxina web.

Categorías:Eventos
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.