Actividades da Casa das Insuas en febreiro
Eventos sobre o urbanismo sostible e o lobo en Galicia. Ler máis…
Eventos sobre o urbanismo sostible e o lobo en Galicia. Ler máis…
O pasado sábado, día 9, foi un día grande para a nosa asociación.
Pola mañán celebramos a asemblea xeral anual e pola tarde celebramos un acto de homenaxe a Félix Rodríguez de la Fuente que tamén nos serviu como actos de apertura do noso relucente Centro de Conservación e Estudo da Natureza “Casa das Ínsuas” .
O primeiro punto do orde do día tratado na Asemblea foi precisamente dar conta do convenio mediante o cal o Concello de Rábade nos cede o edificio do antigo concello vello para usármolo como sede da AGCT, centro de interpretación, lugar de traballo, auditorio e centro de documentación. Tamén se deu conta dos traballos realizados durante as semanas previas por socios e amigos para pór todo a punto, traballos dos que xa vos informamos en entradas anteriores deste blogue.
A Casa das Ínsuas vai ter varias funcións alén de servir de sede da nosa asociación. Ten xa un Centro de Documentación que reune fondos bibliográficos relacionados co estudo e conservación da natureza, depositados por diversas entidades e persoas a título individual. Estos fondos están ao dispor de calquer interesado nestes temas. O Centro de Documentación pode ser utilizado asemade, como sala de xuntas por aquelas entidades que o desexen.
A Casa dispón tamén dun Centro de Interpretación formado por tres salas que xuntan unha superficie de mais de 100 m2 dedicada á exposicións. 
Outro espazo da Casa é unha sala que servirá de viveiro de entidades naturalistas, que disporá de todos os requerimentos básicos de oficina: postos de traballo, ligazón a internet, impresora multifunción, cafeteira, etc. O uso compartido deste espazo con outras entidades pretendemos que favoreza o troco de ideas, as sinerxias e o traballo en rede.
Por último, a Casa ten un auditorio fantástico para celebrar reunións, asembleas, palestras e todo tipo de eventos.
Tendes máis información no web da Casa das Ínsuas
O segundo punto da orde do día foi informar do estado do proxecto de custodia da Carballeira de Sorretas, na península do Morrazo. Expúxeronse as dificultades que estamos tendo pera comprar parcelas ben como a estratexia para os próximos anos. Proximamente daremos información mais comprida deste proxecto.
O seguinte punto tratou das xestións ante a Consellaría de Medio Rural relativas ao proxecto de Lei de Mobilidade de Terras e o Banco de Terras de Galiza, que poden ser unhas poderosas ferramentas para o desenvolvemento da custodia do territorio no noso país.
O noso secretario deu conta do proceso constitutivo do Foro Estatal da Custodia do Territorio, no que participa a nosa asociación. Na asemblea informouse das actividades realizadas no último ano, aprobáronse as contas do periodo anterior e o orzamento para 2011 e deuse de alta aos novos socios. No derradeiro punto da orde do día, decidiuse renovar a Xunta Directiva coa mesma composición que a actual.
Unha vez concluído os actos da mañán socios e amigos fomos comer xuntos a un restaurante situado nun lindo entorno á beira do río Ladra onde desfrutamos dun delicioso xantar e unha animada conversa.
Dende a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) prácenos convidarvos o vindeiro sábado 9 de abril a coñecer o novo Centro de Conservación e Estudo da Natureza “Casa das Ínsuas”, onde teremos un acto de homenaxe a Félix Rodríguez de la Fuente, coa intervención de Odile Rodriguez de la Fuente (Directora da Fundación Felix Rodriguez de la Fuente) e Gema Rodríguez Cáceres (Responsable da xestión do Refuxio de Rapaces de Montejo de la Vega, WWF/ADENA).
Cabe recordar que a creación do Refuxio de Rapaces de Montejo de la Vega de la Serezuela (Segovia) impulsado a finais do ano 1974 por Félix Rodríguez de la Fuente se considera a primeira iniciativa de custodia do territorio en España. O refuxio, dende a sua creación, ven sendo xestionado pola organización conservacionista WWF/ADENA, albergando unha das colonias máis importantes de aves necrófagas da Europa Occidental.
Ao final deste acto haberá pinchos e música a cargo do grupo local de folc de taberna “Os Estoupacaldeiros”
Así mesmo, pola mañán terá lugar a Asemblea Xeral da nosa entidade. Se estades interesados no movemento de Custodia do Territorio e queredes coñecer as nosas actividades podedes achegarvos a partir das 12:00 h. ao mesmo Centro de Estudo e Conservación da Natureza “Casa das Insuas”.
O Centro de Conservación e Estudo da Natureza “CASA DAS INSUAS” é un centro de recursos autoxestionado por e para entidades e persoas con inquedanza polo coñecemento e conservación do medio natural. Está ubicado a carón do río Miño, no edificio do concello vello de Rábade, grazas ao acordo acadado entre a AGCT e dito concello.
Podedes ver como chegar no plano adxunto.
Esperando contar coa vosa presencia enviamosvos un saudo agarimoso.
Atte:
A Xunta Directiva