A Asociación
A Asociación Galega de Custodia do Territorio foi constituída en Rábade (Lugo) o 26 de abril de 2008. Os seus obxectivos son:
- A conservación e recuperación do patrimonio natural utilizando como ferramenta principal a custodia do territorio.
- Difundir e fomentar a custodia do territorio entre os axentes implicados e a sociedade en xeral, facéndoos partícipes da xestión sustentábel do territorio.
Podes descargar unha copia dos Estatutos aquí. (pdf 29 kB)
O máximo órgano de decisión da Asociación é a Asemblea Xeral dos socios que se reúne anualmente. A Xunta Directiva, elixida pola Asemblea, está formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e tres Vogais. Ningún dos postos da Xunta Directiva é remunerado. As actividades da Asociación son rexidas polos Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno.
Composición da Xunta Directiva
Presidente: Roberto HermidaBiólogo, natural das Pontes (Coruña). A súa paixón pola natureza madurou entre os cumios do Xistral e as fragas da ribeira do Eume. Realizou a tese doutoral sobre o lobo ibérico. Na actualidade traballa no estudo e a conservación dos morcegos desde o Grupo Galego de Ecoloxía e Conservación dos Quirópteros da Asociación Drosera, da que é membro fundador.
.
Vicepresidente: Ramón Magdalena NogueiraEnxeñeiro Agrónomo, nacido en Vigo. Dedicado ao mundo da empresa, traballou no sector dos servizos forestais, a xardinaxe e o paisaxismo. Actualmente dirixe unha empresa de consultoría e enxeñaría ambiental. Ornitólogo amador, participa habitualmente en programas de seguimento de aves.
.
Secretario: Óscar Rivas LópezLicenciado en Veterinaria, natural de Lugo. Interésase pola conservación da natureza en xeral e, particularmente, pola protección das paisaxes agrosilvopastorais e a fauna asociada. Membro activo de varias asociacións conservacionistas, coordina en Lugo varios programas de seguimento de aves.
.
Tesoureiro: Francisco Lamas AntónBiólogo, natural das Pontes. Profesor de profesión. O seu interese no medio natural céntrase sobre todo na ecoloxía de vertebrados e na conservación da natureza. Membro cofundador da Asociación Drosera na que traballa no estudio dos morcegos galegos.
.
Vogal: Gabriel Lijó PoseEnxeñeiro Técnico Forestal, natural da Pobra do Caramiñal (Coruña). Dedicou o seu proxecto fin de carreira ao estudo da tipoloxía, distribución e composición florística dos bosques da Galiza. Interésase especialmente no estudo das mudanzas na paisaxe e a súa ordenación como ferramentas de conservación. Colabora con varias asociacións no seguimento de especies ameazadas.
.
Vogal: David Calleja Marcos
Veterinario, nacido en Donostia – San Sebastián (Gipuzkoa). O seu interese pola natureza comezou no entorno rural da súa Hondarribia natal, vila situada estratexicamente nunha das principais rutas de aves migratorias do continente europeo, e madurou nos bosques da Cordilleira Cantábrica e os Pirineos. Naturalista amador, é membro da Asociación Galega para o Estudo e Conservación da Biodiversidade (NUMENIUS), da Sociedade Española de Ornitoloxía e da SECEM, onde participa en actividades e programas de seguimento de aves e mamíferos terrestres.
Vogal: Martiño Cabana Otero
Biólogo profesional e herpetólogo dedicado ó estudo da conservación e distribución dos anfibios e réptiles de Galicia. Desenvolve diferentes proxectos de inventario e seguimento de fauna entre os cales destaca o SARGA, os Plans de Conservación de Anfibios e o Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de Galicia. Presidente da Asociación Saramaganta.


