Inicio > Uncategorized > Nace o web da AGCT

Nace o web da AGCT

Após un longo período de tempo dedicado á posta en marcha da nosa Asociación, hoxe temos o pracer de presentarvos o noso novo web. Neste espazo queremos dar a coñecer a Asociación, os proxectos que temos en marcha e as novas sobre a custodia do territorio na Galiza.

Como vedes o web ten formato de blogue. Está formado pola típica bitácora de novas, da cal esta é a primeira entrada, e por varias páxinas de información sobre a organización e a custodia que iremos completando. Pretendemos, coa vosa axuda, que este espazo sexa o punto de encontro de referencia da custodia do territorio na Galiza.

Queremos, por tanto, convidarvos a participar nas actividades que vaiamos desenvolvendo, colaborando na xestión dos proxectos concretos de custodia, informando de novas oportunidades de custodia de espazos interesantes, participando no web coas vosas ideas e comentarios, formado parte dos grupos de traballo que se han de formar e, por suposto, entrando a formar parte da Asociación que está aberta a todos vós.
Benvidos

Categorías:Uncategorized
  1. Dolores
    21 Novembro 2009 en 11:17 am | #1

    Enhorabuena, da gusto ver que todavía queda gente que no tiene miedo de emprender nuevos proyectos para concienciarnos a todos a participar en esa gran empresa que es el cuidado de nuestra naturaleza. Recorrer con nuestros hijos paisajes que disfrutamos de niños y encontrarlos ocupados por carreteras, polígonos, aparcamientos o paseos fluviales que parecen auténticas autopistas, deja un mal sabor de boca.

    Os deseo lo mejor.

  2. enviamelon
    14 Xaneiro 2010 en 11:38 pm | #2

    Ánimo por esta iniciativa.
    A custodia do Territorio, que interesante. Cantos debates por abrir.
    Que vos parece un primeiro artigo sobre o urbanismo difuso? Iso que en Galiza chamamos dispersión.
    Agardo novas entradas.
    De novo, ánimo. Seguirei frecuentando este lugar.
    Deica!

  1. No trackbacks yet.