Nace o web da AGCT
Após un longo período de tempo dedicado á posta en marcha da nosa Asociación, hoxe temos o pracer de presentarvos o noso novo web. Neste espazo queremos dar a coñecer a Asociación, os proxectos que temos en marcha e as novas sobre a custodia do territorio na Galiza.
Como vedes o web ten formato de blogue. Está formado pola típica bitácora de novas, da cal esta é a primeira entrada, e por varias páxinas de información sobre a organización e a custodia que iremos completando. Pretendemos, coa vosa axuda, que este espazo sexa o punto de encontro de referencia da custodia do territorio na Galiza.
Queremos, por tanto, convidarvos a participar nas actividades que vaiamos desenvolvendo, colaborando na xestión dos proxectos concretos de custodia, informando de novas oportunidades de custodia de espazos interesantes, participando no web coas vosas ideas e comentarios, formado parte dos grupos de traballo que se han de formar e, por suposto, entrando a formar parte da Asociación que está aberta a todos vós.
Benvidos
